Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Domingo de Ramos recupera as procesións da Semana Santa de Ferrol

O Domingo de Ramos recupera as procesións da Semana Santa de Ferrol

Os desfiles volven ás rúas despois de dous anos de ausencia

G24.gal 10/04/2022 19:42

É a Semana Santa máis agardada dos últimos tempos. O Domingo de Ramos estreou o programa de actos relixiosos e os pasos volveron ás rúas de Ferrol despois de dous anos de ausencia obrigada pola pandemia.  A primeira procesión en saír foi a de Xesús Amigo dos Nenos, que organiza a confraría das Angustias. 

O primeiro desfile da confraría de Dores volveu ser multitudinario. Saíu desde a praza de Amboaxe con dous pasos, o da Burriquiña e o de San Xoán Evanxelista, que se estrea este ano. 

O Domingo de Ramos despediuse coa procesión do Ecce Homo da confraría da Soidade.

Os hoteis agardan unha ocupación próxima ao 100%

O procesionario deste ano inclúe 23 desfiles ata o Domingo de Resurrección. A cidade está preparada para recibir nos próximos días miles de visitantes. A maioría dos hoteis non teñen cuartos libres a partir do Xoves Santo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade