O dispendio obrigou a Cangas a pechar as duchas dos seus areais
Medidas preventivas contra a seca
Detectaron moitos casos de usos indebidos das duchas das praias
"Hai xente que sae da praia, dúchase, toma o sol, volve á praia, logo volve ducharse para ir para a casa e non pode ser, un pouco de responsabilidade", comenta Aurora Prieto, concelleira de Cultura, Turismo e Servizos Básicos de Cangas.
Ese xesto tan cotián será difícil velo polo menos mentres non melloren as reservas hídricas. As praias de Cangas tampouco teñen auga. Hai unha semana o Concello pechou a billa e non só pola falta de auga senón tamén por un uso indebido.
"A xente trae o xampú e lava a cabeza e todo, todo".
"Coma se estiveran nunha ducha da súa casa e iso non pode ser", apuntaban algúns usuarios da praia.
"O xoves vén un veciño que vive en Aldán que ás nove da tarde que hai familias que collen de xel e xampú e van facer as duchas na praia entón hai que tomar unha decisión polas dúas cousas pero tamén chamar a xente un pouco á responsabilidade", continúa a concelleira.
"Eu vía que a xente estaba malgastando a auga sobre todo os nenos que daban, daban e daban, algunhas viñan cos xeles, os xampús das casas e todo e a verdade hai moita seca", explicaba unha turista andaluza.
Maior descaro tivo quen se enganchou directamente á traída municipal.
"Conectou co lavabo da caseta de salvamento e estábase subministrando de auga", conta a concelleira.
Ata que mellore a situación da seca o Concello vai manter as duchas pechadas, só haberá auga nos aseos públicos. Algún veciño ata lle deu unha solución para evitar que estes comportamentos se volvan repetir.
"O que nos dicían se puxerades unha moeda dun euro e tal, pois non o contemplamos pero eu que sei", informa Aurora Prieto, concelleira de Cultura, Turismo e Servizos Básicos.