Publicador de contidos

Publicador de contidos

O detido na operación contra o narcotráfico de Camariñas pasa a disposición xudicial

O detido na operación contra o narcotráfico de Camariñas pasa a disposición xudicial

O Nuevo Furuno levaba uns 1.300 quilos de cocaína en 45 fardos 

A droga acadaría no mercado negro máis de 40 millóns de euros

O arrestado é un home galego de entre 30 e 40 anos
G24.gal 11/08/2023 14:37

O único detido polo momento na operación contra o narcotráfico de Camariñas pasou esta mañá a disposición xudicial no Xulgado Número 2 de Corcubión.

É un cidadán galego, de entre 30 e 40 anos, ao que se lle imputa un delito de tráfico de drogas a grande escala xa que o Nuevo Furuno levaba a bordo 45 fardos de cocaína, duns 30 quilos cada un

O peso total do alixo andaría polos 1.300 quilos e o seu valor no mercado negro superaría os 40 millóns de euros.

A venta do pesqueiro activou a investigación

O barco fora vendido hai catro meses e desde entón non tiña actividade pesqueira coñecida. Os axentes do Greco, da Udyco e os de Vixilancia Aduaneira abordárono cando chegaba ao porto de Santa Mariña, en Camariñas.   

Os investigadores sospeitan que o cargamento foi traspasado desde un buque que navegaba polo corredor de Fisterra, a unhas 20 millas da costa.

Esta é unha das operacións contra o narcotráfico máis importantes do que levamos de ano. Hai 10 días, a Udyco e Aduanas incautáronse de 500 quilos de cocaína en mar aberto; en maio apresáranse en Vigo 650 quilos de cocaína agochada nun cargamento de bananas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade