Publicador de contidos

Publicador de contidos

O descoido dun condutor fixo que o seu vehículo caera ao río en Tui

O descoido dun condutor fixo que o seu vehículo caera ao río en Tui

Por sorte, non houbo danos persoais e o ocupante saíu ileso

A Comandancia Naval do Miño tivo que colaborar na localización do coche que foi arrastrado pola corrente 

G24.gal 26/09/2025 14:17

Un camión guindastre conseguiu sacar o coche da profundidade do río. Para localizalo foi precisa a axuda do persoal especializado da Comandancia Naval do Miño que percorreu o río na busca do vehículo.  Foi un rescate complicado tamén para o servizo de guindastres que tivo que botar man de material especializado.

O suceso ocorreu de madrugada e non foi ata varios días despois cando o propietario do vehículo deu aviso o seu seguro. No momento do accidente estaba no interior do coche pero por sorte puido saír polo seu propio pé. 

As comprobacións posteriores confirmaron que o vehículo non provocou ningunha vertedura contaminante nesta zona. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade