Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tenerife realiza o primeiro simulacro de erupción volcánica que se fai en España

Tenerife realiza o primeiro simulacro de erupción volcánica que se fai en España

Máis de mil persoas participan neste adestramento para poñer a proba os protocolos de actuación

G24.gal 26/09/2025 13:54 Última actualización 26/09/2025 14:03

O 5 de maio de 1706 a erupción do volcán Montaña Negra sepultaba o porto de Garachico e boa parte da vila. Hoxe nesta localidade do norte da illa de Tenerife recreouse aquela emerxencia no que xa é o primeiro simulacro de ameaza volcánica que se fai en España.

Ás nove da mañá a alerta por erupción volcánica chegaba aos dispositivos móbiles de todos os residentes na illa canaria de Tenerife. Tamén aos da localidade de Garachico que comezaba a evacuar uns douscentos habitantes da zona próxima ao porto, a mesma que hai tres séculos acababa sepultada pola lava do volcán Montaña Negra.

“Ante dunha situación semellante no futuro, pois estar preparado para poder actuar con celeridade, con confianza tamén na cidadanía”.

O simulacro, en que participaron máis dun milleiro de persoal dos servizos de emerxencias, pretende poñer a proba os protocolos fronte á ameaza dunha erupción volcánica, incluíndo a evacuación e o confinamento da poboación.

“Bastante agoniante vendo como sería se nun futuro próximo explota o Teide, que agardamos que non”.

Garachico, e un dos 4 concellos, que figuran en cor vermella nos plans de risco volcánico de Tenerife. A última erupción ocorrida nesta illa canaria foi a do volcán Chinyero en 1909 e durou dez días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade