Conclúe a erupción do Etna entre críticas aos turistas que estaban no cráter cando se reactivou
A erupción do Etna non causou danos persoais, pero varios turistas que estaban na zona tiveron que fuxir correndo
As autoridades prohibiran acceder á zona desde cinco horas antes da erupción
Os vulcanólogos controlan o volcán siciliano, pero dan por concluída a reactivación que comezou o luns
O Etna xa non está activo. Despois de horas de erupción, o Instituto de Vulcanoloxía dá por concluída, de momento, a reactivación deste volcán que está en fase de arrefriamento.
Non houbo danos persoais, algúns turistas que estaban na zona próxima ao cráter do Etna no momento da erupción, viviron certa tensión. Iso, malia que, desde cinco horas antes da erupción, estaba prohibido permanecer na zona por seguridade. Hai críticas agora ante a opción de que varios grupos arriscaran entrar na zona buscando ter o mellor vídeo ou foto.
O fume do volcán da illa de Sicilia, que ocupa máis de mil quilómetros cadrados, chegou a acabar os cinco quilómetros de altura. Parte do cráter colapsou e, durante horas, houbo correntes e fluxos de lava quente saíndo do Etna.
O volcán máis alto e activo de Europa reactivouse unhas catorce veces nos últimos meses. Esta vez, sen consecuencias, nin sequera afectou ao tráfico aéreo, o aeroporto operou con normalidade porque a dirección do vento levou o fume na dirección contraria.
O Instituto Nacional de Xeofísica de Italia vixía a zona permanentemente por se volvese reactivarse pero, de momento, dá por concluída esta erupción do luns.