Publicador de contidos

Publicador de contidos

O recinto feiral do San Froilán abre as súas portas

O recinto feiral do San Froilán abre as súas portas

Comezan a funcionar preto de 180 atraccións e postos de venda, ademais das primeiras casetas do polbo

Tras doce anos de ausencia, a nora é a gran novidade no recinto feiral
Félix Aragunde 26/09/2025 13:38

O programa oficial das festas do San Froilán comezará o vindeiro 4 de outubro, pero o recinto feiral vai estar aberto ao público dende este último venres de setembro. Entre atraccións e tómbolas, son máis de medio cento de barracas, coa nora como principal novidade este ano.

"É unha nora de 45 metros, 50 co eixe. En cada cabina collen catro adultos mais un neno", explica Khaly Fall, encargado da atracción. 

"Grand Prix leva vindo a Lugo 25 anos, e sempre con moito éxito", subliña o seu xerente, José Luis San Máximo. 

"Facendo bo tempo, non ten fallo esta feira, porque adoita acudir bastante xente", engade David Cataluña, propietario dunha tómbola. 

Tamén comezan a funcionar os máis de 120 postos de venda instalados na feira. E, por suposto, as tradicionais casetas do polbo, que inician a súa actividade tamén este venres para comezar a atender os comensais durante a fin de semana.

"Nós pensamos abrir mañá. Estamos collendo xa as reservas, e mañá ao mediodía en principio abriremos", sinala o polbeiro Javier Ferreiro. 

"Hai dúas fins de semana, o Domingo das Mozas e a véspera, e cando é San Froilán e a véspera, traballamos as 24 horas", afirma o churreiro Pepe Vázquez.

Debido ao falecemento do concelleiro Pablo Permuy, o Concello de Lugo decretou tres días de loito oficial, polo que non haberá música no recinto feiral ata a mañá do domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade