Publicador de contidos

Publicador de contidos

Envorca un autobús escolar en Ponteareas e evacúan os seus ocupantes polo teito

Envorca un autobús escolar en Ponteareas e evacúan os seus ocupantes polo teito

O autobús, por causas que de momento se descoñecen, envorcou sobre o lateral da porta de entrada e saída do autobús na estrada EP-2703

Foron evacuados seis menores e a condutora do autocar

G24.gal 22/09/2025 08:42 Última actualización 22/09/2025 13:37

Un autobús escolar con seis escolares a bordo de entre 12 e 16 anos caeu de lado nunha cuneta na parroquia de Padróns, en Ponteareas. O suceso ocorreu ás 08:05 horas deste luns e foi un particular o que alertou ao 112 do sucedido. Manifestou que os ocupantes non daban saído do seu interior.

O autobús, por causas que de momento se descoñecen, envorcou sobre o lateral da porta de entrada e saída do autobús na estrada EP-2703, altura do quilómetro 5 na parroquia de Padróns.

Ata o lugar acudiron os bombeiros e evacuaron os pasaxeiros polo teito. Segundo manifestaron, non houbo feridos. Todos eles atopábanse en bo estado e non necesitaron asistencia sanitaria. Tamén se desprazaron ata o punto axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Ponteareas.

O autobús acababa de comezar a ruta, ía cara ao IES Pedra da Auga. Por sorte, o accidente non foi no outro sentido, cara a Pazos de Borbén onde caerían polo barranco. Dúas ambulancias estiveron no lugar, pero os ocupantes non precisaron asistencia sanitaria, todos estaban ben.

O autobús estivo no lugar unhas 4 horas agardando o guindastre que tivo que retiralo. A Garda Civil de Tráfico regulou mentres a circulación e fixo as medicións e as comprobacións precisas para coñecer as causas deste sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade