Publicador de contidos

Publicador de contidos

O pistacho é o novo pirixel

O pistacho é o novo pirixel

O froito seco, protagonista da repostería en Oriente Medio, agora éo nas nosas mesas

É rico en fibras, graxas saudables e potasio, pero os nutricionistas aconsellan tomalo con moderación por mor das calorías
 

G24.gal 22/09/2025 14:22

Un dos ingredientes que non faltan ultimamente nos nosos menús é o pistacho. A comida tamén se rexe por modas, como foi a de botarlle a todo arandos, aguacates ou queixo de cabra. Pois agora o produto estrela é o pistacho.

Como di Daniel Amigo, de Terrae Orgánica, "é porque o ven en redes sociais, é moi rechamante. De feito nós temos pistachos a granel, e é o primeiro que se esgota, ou non te chega, ou pides un saco de 5 quilos e te chega un saquiño dun quilo. E cando chega se esgota. De feito, hai xente que nos di que cando chegue lles gardemos medio quilo e xa temos unha listaxe con algúns pedidos".

Escaseza e listaxes de espera para un produto que cada vez se usa máis en receitas doces, pero tamén salgadas, con arroces e ensaladas. Na rúa, a xente recoñece que cada vez toman mais pistachos.

Como froito seco que é, o pistacho achega fibras, graxas saudables e potasio, pero os nutricionistas aconsellan tomalo con moderación polo alto contido en calorías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade