Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha furgoneta arde no Castiñeiriño, en Santiago

Unha furgoneta arde no Castiñeiriño, en Santiago

No vehículo viaxaba unha familia que logrou saír do coche sen queimarse

Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Santiago que estiveron traballando no lugar arredor dunha hora

G24.gal 22/09/2025 13:51

"Teño unha casa alí abaixo e teño esta aquí, e quixen vir para aquí e estaba a estrada completamente cortada e tiven que vir pola pista de arriba. Estiveron traballando os bombeiros e traballando duro, que había un incendio grande".

"Fixeron unha manobra rápida".

"Non deixaban acercarse porque había unha lapas enormes", explica un veciño da zona.


Os condutores que circulaban o domingo contra as nove da noite por esta estrada AC-841 ao seu paso polo Outeiro, en Santiago, deberon levar un bo susto. Sen ninguén ao volante, a furgoneta totalmente en lapas atravesou a vía e desprazouse varios metros costa abaixo. Parou ao chocar contra un farol. A sorte fixo que no seu percorrido o vehículo non batera contra ningún outro coche. Esta estrada que une O Castiñeiriro con Montouto soporta a diario moito tráfico. 

Ao lugar desprazáronse dúas patrullas do servizo de bombeiros de Santiago, que lograron sufocar o incendio.

"Desde aí para abaixo non había luz porque, claro, ao chocar queimaríanse os cables".

"Xa se arranxará. O caso é que non lle pasara nada a ninguén", conta o veciño.

Ao parecer os ocupantes da furgoneta decatáronse de que prendía lume, pararon e saíron do vehículo sen mancarse. Posiblemente o vehículo quedou mal inmobilizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade