Publicador de contidos

Publicador de contidos

Día Mundial sen Coches: trinta anos de concienciación cara a unha mobilidade sostible

Día Mundial sen Coches: trinta anos de concienciación cara a unha mobilidade sostible

O uso do transporte público ferroviario aumentou un 9 % en cinco anos, pero os expertos consideran que o cambio vai moi lento

Desde 1994 España sumou 25 millóns de coches

G24.gal 22/09/2025 14:51 Última actualización 22/09/2025 17:12

Cada 22 de setembro celébrase o Día Mundial sen Coches. É unha xornada auspiciada pola ONU e a Unión Europea que pretende concienciar a poboación para facer a transición cara a un novo modelo de mobilidade. 

O modelo de mobilidade interurbana ten cambiado nos últimos anos. Desde 2019 ata hoxe, o número de persoas que viaxan en tren aumentou un 8,9 %.

"Se miramos os datos parece que perdemos o norte porque hai 30 anos tiñamos un parque móbil de 15 millóns de coches e hoxe temos 40 millóns de vehículos", lamenta Xosé Antonio Rodríguez Añón, profesor do Máster de Desenvolvemento sostible e cambio climático da USC.

O cambio cara ao novo modelo de mobilidade, lamentan os expertos, vai lento e xera gastos.

"Podemos aforrar ata 15.000 mortes prematuras ao ano pola mala calidade do aire nas cidades. Infartos, ictus, problemas de fígado, ril, non só de pulmón; tamén de visión, estrés, oído... Calcúlase que o custe de paliar estas doenzas é preto de 45.000 millóns de euros ao ano".

Aínda que moitos cidadáns din que para usar menos o coche, aínda faltan melloras no deseño da mobilidade e o transporte público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade