Publicador de contidos

Publicador de contidos

A que hora debemos regar as plantas ou tirar o lixo?

A que hora debemos regar as plantas ou tirar o lixo?

As ordenanzas municipais regulan este tipo de accións co obxectivo de mellorar a convivencia

Cuspir na rúa, sacudir as alfombras ou alimentar as pombas son outras das prohibicións que recollen as normativas de moitos concellos

G24.gal 22/09/2025 14:42 Última actualización 22/09/2025 15:10

É unha acción que no Carballiño podería supoñer multas de ata 750 euros. Segundo a ordenanza de boas prácticas veciñais, as plantas en balcóns ou fiestras, cara á vía pública, non se poden regar antes das once da noite no inverno e das doce no verán.

"Pois pola mañá é a mellor hora para regalas", comenta un veciño, aínda que outra recoñece que hai que facelo con conta para evitar que lles caia auga aos que pasen por abaixo.

Tampouco se poden sacudir alfombras ou outro tipo de roupa dende fiestras ou balcóns nin tendela cara á vía pública. Trátase da mesma normativa na que se recolle a prohibición de dar de comer as pombas ou outros paxaros, de cuspir na rúa ou de tirar o lixo polo día. Normas que non todo o mundo coñece e cumpre.

As sancións poden ir dende os 100 euros aos 750 nas infraccións leves, aínda que poucas  rematan en multa, como afirma o xefe da Policía Local do Carballiño, Francisco Valeiras: "É complicado pero informar si que se informa. Pódenme multar por cuspir na rúa? pois si".

Tamén por tirar pipas ou envoltorios no chan sancionado con ata 750 euros en Noia ou lavar coche e cortar leña na rúa, como lembra o concelleiro de Seguridade cidadá de Barbadás, Daniel Rey.

Ordenanzas que se repiten con variacións e diferentes sancións dependendo dos concellos e que buscan mellorar a convivencia entre os veciños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade