Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG chama á mobilización contra o exprimeiro ministro israelí Olmert, crítico con Netanyahu

O BNG chama á mobilización contra o exprimeiro ministro israelí Olmert, crítico con Netanyahu

Din que a súa presenza no Foro La Toja supón branquear unha persoa que tivo responsabilidades na ocupación da Franxa de Gaza

G24.gal 22/09/2025 15:36

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apoia as protestas convocadas no Grove contra unha das voces críticas co actual Goberno de Israel, Ehud Olmert, que foi primeiro ministro dese país entre 2006 e 2009. Olmert é un dos convidados do Foro La Toja que se celebra a comezos de outubro.

A pesar da súa opinión crítica con Netanyahu, o BNG chama ao boicot para impedir que participe nese foro de debate. Din que a súa presenza supón branquear unha persoa que tivo responsabilidades na ocupación da Franxa de Gaza.
 

A Coordinadora Galega en Solidariedade con Palestina convocou unha mobilización por este motivo para o 4 de outubro, o cal Pontón ve xustificado debido a que cando Olmert foi primeiro ministro israelí "fomentou a ocupación e o ataque a poboación palestina".

"Seguimos vendo como se bombardea ou se mata de fame a miles de persoas en Palestina e cremos que a prioridade debe ser traballar para que realmente esa situación non se siga producindo, porque evidentemente estamos ante un xenocidio", afirmou Ana Pontón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade