Un mozo de 21 anos, ferido moi grave nun accidente ocorrido este mércores en Teo
O coche saíu nunha curva en Lampai e acabou chocando contra a árbore
O mozo estaba inconsciente cando chegaron os equipos de emerxencias
Atopouno un traballador sanitario que estaba fóra de servizo e que deu a voz de alarma

Un mozo resultou ferido de gravidade ao chocar na noite deste mércores contra unha árbore en Teo.
A vítima é un mozo de 21 anos natural de Luou.
O accidente produciuse ao saír o coche da estrada nunha curva no quilómetro 6 da DP-6502, en Lampai.
Foi un traballador sanitario fóra de servizo o que atopou o coche sinistrado cando volvía á casa despois do traballo e o que alertou os equipos de emerxencia.

O mozo estaba xa inconsciente e non respondía a estímulos.
Ata a zona desprazáronse o GES de Padrón, equipos do 061, e a Garda Civil de Tráfico.
Os GES tiveron que liberar o ferido, que foi trasladado ao hospital en estado crítico.
A defensa do vehículo apareceu a varios centros de metros de distancia do lugar do impacto.