Publicador de contidos

Publicador de contidos

Compran unha moto e simulan o seu roubo para cobrar do seguro

Compran unha moto e simulan o seu roubo para cobrar do seguro

A Audiencia de Pontevedra impón dous anos de prisión a dous acusados e seis meses ao terceiro por confesar os feitos

Os tres deberán indemnizar de forma conxunta e solidaria a aseguradora con 22.141 euros

G24.gal 24/09/2025 17:21

A Audiencia de Pontevedra condenou a penas de cárcere a tres persoas que estafaron máis de 22.000 euros a unha aseguradora tras simular o roubo dunha motocicleta valorada en 22.500 euros.

O tribunal impuxo dous anos de prisión a dous dos acusados por un delito de estafa procesual. O terceiro, que confesou os feitos, recibiu unha condena reducida a seis meses de cárcere. Ademais, os tres deberán indemnizar de forma conxunta e solidaria á aseguradora con 22.141 euros.

Segundo a sentenza, os procesados "actuaron de mutuo acordo e cun plan previamente concertado" para adquirir a motocicleta nun concesionario, contratarlle un seguro a todo risco que incluía cobertura por roubo e denunciar posteriormente a súa suposta subtracción. A aseguradora, cumprindo o contrato, abonou o importe do vehículo.

O plan quedou ao descuberto tras as desavinzas entre os tres implicados pola repartición do diñeiro, cando un deles presentou unha denuncia na que explicou os detalles da operación fraudulenta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade