Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tentan estafar un hostaleiro de Lugo cun encargo no seu restaurante

Tentan estafar un hostaleiro de Lugo cun encargo no seu restaurante

O que lle fixo sospeitar foi un método de pago nada común: un cheque por unha contía moi superior á acordada

G24.gal 17/05/2025 20:32 Última actualización 17/05/2025 21:16

Un hostaleiro de Lugo narra o intento de calote que sufriu no seu negocio cando a través dun correo electrónico unha persoa lle pediu un presuposto para atender un grupo de turistas estranxeiros e facerlles un menú "sobre 120 euros por persoa", explica Aser Blanco.

Durante unha semana traballaron na elaboración do menú e fixeron os cálculos do custo. A sorpresa foi cando a persoa que o quería contratar lle explicou a forma nas que ía facer o pago. 

Acordaran un prezo de 12.000 euros, "pero o cheque era de 30.000", indica Blanco. Ao restaurador lucense xa lle soou estraño e decidiu consultar un buscador de Internet.

Foi entón cando viron unha noticia sobre un restaurante de Barcelona, "co mesmo modus operandi, cun cheque sen fondos", un método de engano que os ciberdelincuentes cada vez afinan mellor.

Por esta razón, Aser recomenda sospeitar cando as formas de pago non siguen as canles habituais e non se axustan á legalidade. E ante a dúbida, sempre queda a posibilidade de contrastar os datos, por se xa se deran situacións semellantes con anterioridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade