Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medran os calotes a través do Bizum

Medran os calotes a través do Bizum

O engano xorde cando aceptas enviar cartos a alguén pero realmente o que esperas é recibilos

Calote do Bizum Inverso
G24.gal 26/08/2025 15:10 Última actualización 26/08/2025 15:58

"Aquí tivemos unha clienta que perdeu por ese tema 500 euros. Ela pensaba que llelos ían ingresar e realmente sacáronllelos da conta", comenta a dependenta dunha tenda.

Niso consiste o Bizum inverso, un calote que cada vez xera máis denuncias entre os que utilizan ese método de pago que resulta tan cómodo e sinxelo. Pero como funciona?

 "En vez de recibir un bizum realmente estancho solicitando. Ti das por feito que o estás recibindo pero realmente estás perdendo ti os cartos", continúa.

"E o que fan os ciberdelincuentes neste caso é enganar para que creas que debes aceptar o importe que che vai chegar a ti", apunta Alberto González Gómez, xefe do  Equipo@Coruña da Garda Civil.

Este calote dáse sobre todo cando compramos un produto por Internet. O estafador faise pasar por un comprador interesado, xera un clima de confianza e amosa certa urxencia por pechar o trato.

 "Basicamente aquí é o elemento clave do engano, é dicir, o ciberdelincuente busca ese engano a través do vouche enviar uns cartos que tes que aceptar, ou requírese que aceptes a mensaxe que che vai saír para poder recibir os cartos e é nesta urxencia, que soen caer en non ler os textos que veñen neses SMS ou nesas notificacións de Bizum", explica o garda civil.

"Nun momento de despiste, de présa ou calquera cousa calquera persoa pode ser vítima diso e paréceme un problema", recoñece a dependenta.

Un problema porque unha vez feita a transacción os cartos xa non se poden recuperar.

"Non hai volta atrás salvo que a persoa que o reciba queira devolvelo, e é evidente que si estamos falando que nos están enganando na compravenda dalgún produto, esa persoa non nos vai devolver eses cartos", conclúe o Garda Civil.

Recordamos que Bizum só nos vai pedir que aceptemos ou rexeitemos unha operación no caso de que alguén nos pida os cartos, nunca para envialos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade