Cargando resultados...
A Xunta declara 29 zonas farmacéuticas especiais no rural para garantir a viabilidade das boticas
Segundo declarou o presidente da Xunta, trátase de "garantir o acceso da cidadanía a este servizo"
G24.gal
20/10/2025 14:36
O Consello da Xunta aprobou este luns crear 29 zonas farmacéuticas especiais que van contar con medidas específicas para facilitar a viabilidade destes establecementos en áreas rurais.
Segundo explicou o presidente da Xunta, trátase de "garantir o acceso da cidadanía a este servizo", e suporá darlles maior flexibilidade nas condicións de explotación e axudas económicas específicas, cun orzamento inicial de 100.000 euros.
Estas farmacias poderán prestar servizo nas residencias de maiores ou persoas discapacitadas con menos de cen residentes, que ata o de agora facían os hospitais de referencia nas súas áreas sanitarias.