Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian unha agresión a persoal do centro de saúde de Carballo

Denuncian unha agresión a persoal do centro de saúde de Carballo

A Xunta de Persoal alerta da falta de seguridade nos centros sanitarios e USO reclama medidas urxentes

G24.gal 24/09/2025 18:13 Última actualización 24/09/2025 18:24

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña-Cee denunciou unha agresión no centro de saúde de Carballo.

Segundo explicou a Xunta de Persoal, un erro informático no sistema de devolución de chamadas provocou que un usuario acudise ao centro e acabase agredindo profesionais de servizos xerais situados na entrada da instalación.

"Este novo suceso súmase á preocupante escalada de agresións que vimos denunciando reiteradamente e que mostra a falta de protección das e dos profesionais", recolle o comunicado, no que tamén critica a ausencia de persoal de seguridade nos centros, o que "deixa as traballadoras e traballadores en situación de inseguridade constante".

Pola súa parte, a Unión Sindical Obreira (USO) condenou a agresión e advertiu de novo da falta de medidas suficientes: "Levamos tempo alertando da crecente inseguridade que sofren profesionais sanitarios, equipos de seguridade, pacientes e usuarios, e denunciamos que as medidas actuais son claramente insuficientes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade