Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo volve gañar cun gol no último minuto (2-3)

O Deportivo volve gañar cun gol no último minuto (2-3)

Logo dun partido tolo e polémico un gran gol de William de Camarago no 90 deulle o triunfo aos deportivistas

G24.gal 23/01/2022 14:02

O Deportivo gañou por 2-3 no campo do DUX Internacional e continúa con paso firme na Primeira Federación. William de Camargo decidiu cun golazo no 90 despois dun partido tolo e cheo de alternativas. 

Boa saída do Deportivo que se adiantou cun tanto de Noel (m20). Parecía o encontro controlado ata que no 44 Moyano empataba á saída dun córner. O segundo tempo empezou do peor xeito. Barral marcou nunha acción moi protestada polos xogadores do Deportivo que quedaron parados logo de que o asistente erguese a bandeira.

Por debaixo no marcador apareceu ese equipo con feituras de líder que empatou cun tanto de Granero á saída dun córner. Logo chegou a presión sobre a porta do DUX que acabou co premio do gol de WDC. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos