O Deportivo e o Pontevedra protagonizan en Riazor o primeiro derbi da temporada
Borja Jiménez: "Estar no Deportivo esixe gañar todos os días"
Antonio Fernández: "A xente móvese para ir a Riazor, non é un partido normal"
O domingo, e en directo pola G2, viviremos en Riazor o primeiro derbi galego. O Deportivo recibe na casa o Pontevedra
Escenario de altura para o primeiro derbi do ano. Riazor quenta motores para recibir o Pontevedra. O Deportivo non entende de derbis. Cada partido é unha obriga de vitoria, alén do rival. Non lle quere quere perder o paso a Córdoba e Rácing, que levan nove de nove. Os brancoazuis suman seis de seis. Cun xogo mellorable, buscan escorrentar as primeiras críticas
Borja Jiménez: "Estar no Deportivo esixe gañar todos os días"
No Pontevedra, que ira á Coruña acompañado por máis de medio milleiro de siareiros, a responsabilidade é estar ao nivel
Antonio Fernández: "A xente móvese para ir a Riazor, non é un partido normal"
A vitoria diante do Talavera deulle aos granates o acougo necesario para se presentar con menos presión en Riazor.