Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo é o mellor equipo de España en 2024

O Deportivo é o mellor equipo de España en 2024

O equipo branco e azul suma 21 puntos no que vai de ano, un máis que o Real Madrid, líder en solitario da Liga

Por detrás, aparecen outros tres equipos que compiten en Primeira Federación con 17 puntos (Castelló, Nástic e Sabadell)

Foto @RCDeportivo
G24.gal 26/02/2024 14:13 Última actualización 26/02/2024 14:21

O Deportivo que dirixe Imanol Idiakez é o mellor equipo das tres principais categorías do fútbol español en 2024, cun balance de sete vitorias e unha soa derrota.

O equipo branco e azul suma 21 puntos no que vai de ano, un máis que o Real Madrid, líder en solitario de LaLiga, e dous máis que o FC Barcelona. Por detrás, aparecen outros tres equipos que compiten en Primeira Federación con 17 puntos (Castelló, Nástic e Sabadell).

O Dépor abriu o novo ano cun triunfo en Riazor ante o filial da Real Sociedade. Dez días despois, encaixou a única derrota que sufriu neste 2024 fronte á Cultural no Reino de León. E a partir de aí só gañou: Ponferradina (2-0), Celta Fortuna (1-2), Fuenlabrada (4-1), SD Logroñés (0-5), Tarazona (4-1) e Osasuna B (0-4).

Seis vitorias nas que o equipo coruñés sumou 21 goles e encaixou unicamente 3, para converterse no principal candidato ao ascenso directo do grupo I, un obxectivo que nestes momentos ten a tan só un punto, o que lle leva de vantaxe a Ponferradina tras o sorprendente tropezo do Nástic ante o CD Teruel.

O vindeiro domingo no derbi ante o Lugo, o equipo de Imanol ten a oportunidade de igualar unha serie que historicamente o Deportivo só conseguiu nas tempadas 1963-64, 1999-00 e 2019-20. O récord de vitorias consecutivas (9) asinouno no campionato 2011-12 con José Luis Oltra como técnico en Segunda División.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade