Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo colócase no cuarto posto mentres que o Racing sae de promoción

O Deportivo colócase no cuarto posto mentres que o Racing sae de promoción

Alberto Quiles fixo os tres goles do Deportivo

Non perdeu ningún equipo galego

Foto @RCDeportivo
G24.gal 28/11/2022 17:50 Última actualización 28/11/2022 17:56

Da man do seu máis certeiro artilleiro destapa o Deportivo, por fin, o pote das mellores esencias. De ningún outro xeito se pode definir o golazo que abría a conta en Fuenlabrada. Un globo de execución extraordinaria. O Deportivo apreveitou o vento a favor que lle deu a expulsión de Diamé na metade do choque para sentenciar á contra con senllos balóns longos medidos para que Alberto Quiles  aplacase a súa sede de gol co primeiro triplo da campaña. Seis dianas nos últimos seis partidos. Todo un caudal que devolve os de Cano á zona de promoción antes de recibir o líder en Riazor

A sete puntos do Córdoba está o Deportivo e a oito o Racing, enlamado na súa peor serie da campaña, cinco partidos sen gañar. Tampouco puido co Mérida, que se adiantou cedo na Malata e desactivou o cadro de Cristóbal, malia que puido rescatar un punto grazas a un penati transformado por Joselu. Sae o Rácing da promoción, pero Cristóbal albisca raios de esperanza

A outra gran noticia da xornada dominical na categoría foi o triunfo do Pontevedra en Ceuta. Os granates souberon remontar un temperán tanto local. Cun home máis, por expulsión de Rodri, Charles e Alberto Rubio asinaron a primeira vitoria granate a domicilio. Tres puntos de peso que o colocan na mesma fronteira da permanencia á espera do derbi co Rácing en Pasarón.

O Celta B tamén logrou un importante triunfo 1-2 ante o San Fernando

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar