Cargando resultados...
O Deportivo Abanca perde o liderado co Cacereño (0-2)
G24.gal
21/01/2023 14:32
Este mediodía, o Deportivo Abanca defendía o liderado da Primeira Federación fronte ao Cacereño e finalmente quedou sen el.
As de Irene Ferreras apañaron a súa primeira derrota en Abegondo, nun partido no que se medía a un rival directo. O Cacereño tomou a dianteira aos 23 minutos, co tanto anotado por Edna, a xogadora desequilibrante deste partido. A propia Edna participou no 0-2, que chegou no minuto 83, cando o Deportivo Abanca procuraba o empate. O seu centro enviouno finalmente á rede a atacante chilena Sonya Keefe. Con este resultado o Cecereño iguala co Deportivo nun primeiro posto que é para as estremeñas pola diferenza de goles particular.