Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca comeza o 2022 con derrota (2-0)

O Deportivo Abanca comeza o 2022 con derrota (2-0)

Os dous goles anotounos Adriana Martín, que anunciara a súa volta ao Español hai tan só 16 horas

G24.gal 08/01/2022 14:05

No fútbol feminino, o Deportivo Abanca iniciou o ano defendendo o liderado que acadou hai xa case un mes antes da parada.

E non lles foron ben as cousas ás coruñesas, que perderon na casa do cuarto clasificado, o Español.

O primeiro tanto marcouno Adriana Martín logo dun rexeitamento aos once minutos de partido.

Buscaron a igualada as de Miguel Llorente, pero a sentenza chegaría a dous minutos da conclusión, outra vez por medio de Adriana Martín, que se acaba de reincorporar ao equipo logo da súa aventura na liga italiana.

O Deportivo Abanca depende do que faga mañá o Levante As Planas para manter a primeira praza.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade