Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Deportivo Abanca busca a terceira vitoria consecutiva contra o Valencia
As coruñesas reciben en Riazor o Valencia, pechacancelas, a partir das 16:00 h
                
                    
                        Foto: @RCDeportivoFem
                    
                    
                    
                    
            
        
                            G24.gal
                        
                            01/02/2025 12:05
                        
                        
                        
                        
                    
                    Ás catro da tarde o Deportivo Abanca arranca o mes de febreiro recibindo o Valencia, o pechacancelas da categoría.
Tras gañarlle ao Levante e ao Betis, o Deportivo Abanca procura a terceira vitoria seguida. O rival semella propicio para seguir avanzando na clasificación. O Valencia só gañou un partido dos dezaseis xogados.
Fran Alonso ve unha gran mellora das súas xogadoras: "É certo que demos un paso adiante coas dúas vitorias. Son dúas vitorias importantes, pero é máis importante que seguimos crecendo, que as xogadoras teñen máis confianza".
O partido comeza ás 16:00 h no estadio de Riazor.