Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Dépor Abanca cede ao final ante o Granada (1-0)

O Dépor Abanca cede ao final ante o Granada (1-0)

As de Fran Alonso aguantaron ata o minuto 89, cando encaixaron o gol de Laura Pérez

Pese á derrota, as herculinas manteñen un amplo colchón cos postos de descenso

RCDeportivoFem
G24.gal 23/03/2026 21:55 Última actualización 24/03/2026 13:02

O Depor Abanca conseguiu a súa segunda derrota consecutiva tras perder en Granada, 1-0, nun mal partido das rapazas de Fran Alonsoen que estiveron á mercé do cadro local, aínda que resistiron case ata o final. Un erro de Inés Pereira no minuto 89 foi aproveitado polo cadro nazarí para sumar unha impostante vitoria.

E iso que a primeira ocasión do partido foi para o cadro herculino cando Paula Gutiérrez estivo a piques de aproveitar un erro da zaga local. Pero a partir dese momento o dominio foi total do equipo local. Entre a porteira Inés Pereira, os paus e as defensas deportivistas abortaban todas as tentativas locais ata que nese fatídico minuto 89 a meta lusa mediu mal a saída nun centro lateral deixando a pelota franca para que Laura Pérez empurrara o balón ao fondo da rede. Na prolongación Lía gozou dunha ocasión que podía propiciar o empate pero o seu remate finalizou nas mans da porteira granadina Laura Sánchez.

O equipo de Fran Alonso tentará refacerse destas duas derrotas ante Barcelona e Granad o próximo sábado cando reciban o Éibar en Riazor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade