Publicador de contidos

Publicador de contidos

Borja Iglesias, na lista de España para o Mundial

Borja Iglesias, na lista de España para o Mundial

O dianteiro santiagués do Celta entra na lista de 26 de Luis de la Fuente para a cita mundialista de México, O Canadá e os EUA

O defensa celeste Javi Rodríguez súmase á lista de nove futbolistas que acudirán aos adestramentos previos

Conta de X do Celta Conta de X do Celta
G24.gal 25/05/2026 12:59 Última actualización 25/05/2026 13:34

Convocados dous xogadores do Celta: Borja Iglesias para o Mundial e Javi Rodríguez como xogador de apoio.

A mundialista é a cuarta chamada seguida do santiagués tras as de outubro, novembro e marzo. Esta será a primeira convocatoria internacional para Javi Rodrñiguez,  que nunca foi chamado tampouco polas categorías inferiores.

España iniciará a súa concentración o sábado 30 de maio na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) e disputará dous amigables antes do Mundial: o 4 de xuño ante Iraq na Coruña e o 9 de xuño fronte a Perú en Puebla (México).

Tras estes partidos, España, encadrada no Grupo H, iniciará o seu camiño cara ao seu obxectivo de conseguir a súa segunda estrela de campioa do mundo o día 15 ante Cabo Verde, o 21 contra Arabia Saudita e completará a fase de grupos o 27 fronte a Uruguai.

A convocatoria de 26 futbolistas da selección española para o Mundial fórmana:

. Porteiros: Unai Simón (Athletic Club), David Raya (Arsenal) e Joan García (FC Barcelona).

. Defensas: Pedro Porro (Tottenham Hotspur), Marcos Llorente (Atlético de Madrid), Aymeric Laporte (Athletic Club), Pau Cubarsi (FC Barcelona), Marc Pubill (Atlético de Madrid) e Eric García (FC Barcelona), Marc Cucurella (Chelsea), Alejandro Grimaldo (Bayer Leverkusen).

. Centrocampistas: Rodrigo Hernández (Manchester City), Martín Zubimendi (Arsenal), Pedri (FC Barcelona), Fabían Ruiz (París Saint-Germain), Dani Olmo (FC Barcelona), Mikel Merino (Arsenal), Gavi (FC Barcelona), Alex Baena (Atlético de Madrid)

. Dianteiros: Lamíne Yamal (FC Barcelona), Yeremy Pino (Crystal Palace), Ferrán Torres (FC Barcelona), Mikel Oyarzabal (Real Sociedade), Borja Iglesias (Celta de Vigo), Nico Williams (Athletic Club) e Víctor Muñoz (CA Osasuna).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade