Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria balsámica do Depor Abanca ante o Levante (1-0)

Vitoria balsámica do Depor Abanca ante o Levante (1-0)

As de Fran Alonso rachan a mala xeira de sete xornadas sen gañar

De novo Ainhoa Marín foi a xogadora chave para acadar o triunfo

G24.gal 14/11/2025 20:42

Importantísima vitoria a acadada onte polo Deportivo feminino en Riazor ante o Levante. Dous meses despois o equipo deportivista volve a sumar tres puntos dunha tacada nun partido sufrido ante un  Levante que amosou en Riazor os motivos polos que ocupa a última posición da clasificación.

A primeira metade foi dominada polo Depo pero sen chegadas claras a gol. O partido estivo marcado por un ritmo baixo de xogo ó que non axudou as múltiples interrupcións sufridas polos problemas físicos de xogadoras de ámbolos equipos. O máis destacable foron os lanzamentos afastados de Paula Gutiérrez para o Depor e de Erika para o Levante que non toparon portería.

Na segunda metade saíron mellor as rapazas de Fran Alonso que cedo se colocaron por diante tras unha boa incursión por banda dereita de Ainhoa Marín que finalizou cun remate a bote pronto a dianteira Marisa, anotando o primeiro gol do partido. As herculinas guiadas por unha excelsa Ainhoa Marín rondaron o gol nun par de ocasións máis pero erraron na definición final. Nos últimos minutos tentou reaccionar o Levante pero con escaso perigo sobre a meta de Inés Pereira.

Con este triunfo, segundo da temporada para o Depor, que colle aire na clasificación sumando dez puntos e collendo unha renda importante co descenso. O Levante, pola súa parte, afúndese no cabeiro da clasificación sen gañar ningún partido e con soamente dous puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos