Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ensino de Lugo vence ao Baxi Ferrol no derbi galego do Pazo (73-68)

O Ensino de Lugo vence ao Baxi Ferrol no derbi galego do Pazo (73-68)

As luguesas colócanse no sexto posto con doce vitorias, unha máis co Baxi

G24.gal 22/02/2026 21:43

Extraordinario o ambiente que se creou no Pazo dos Deportes de Lugo. O Ensino mobilizou á afección local e dende Ferrol viaxaron máis de cincocentas persoas. Entrada de luxo para gozar co derbi galego.

O único que non estivo á altura do partido foi o seu comezo. Cun salto inicial enchido de erros locais e visitantes. Sen marca, pero confundida, Orsili finalmente anotou a primeira canastra. O Ensino foi quen antes se sacudiu o desacerto inicial, e mandou ata o descanso apoiándose en Imane Tate e nos erros defensivos rivais.

Había dúas referencias de duelos esta temporada, as dúas con vitoria ferrolá, na Copa Galicia e na Liga. Pero o Ensino viña de gañar na mesma cancha ao líder, e recuperou esas boas sensacións. O equipo de Suso Garrido chegou acadar unha vantaxe de 16 puntos.

A reacción do Baxi chegou no terceiro cuarto, o único no que foron mellores nun partido que foi aumentando en intensidade nos duelos físicos. A irlandesa Claire Melia e a galega Blanca Millán, maxima realizado do partido con 17 puntos, comandaron a remonta doi equpo de Lino López. Puxéronse un punto arriba.

E reaccionou o Ensino. Unha tripla de Alicia Flórez recparaba a vantaxe. A inernacional española espoleou ao Pazo antes de do ulitmo e decisivo cuarto que estivo tremendamente igualado. 

As ferrolás acabaron cedendo en dúas series: a de triplas erradas. Tres consecutivas de Sotolova, Joris e Joiner impedíronlles poñerse por diante no marcador. E a das faltas, e os tiros libres que ben aproveitou o Ensino para aumentar a súa vantaxe punto a punto. Ata o 73 a 68 final.

O equipo lucense racha así a igualdade na clasificación e toma vantaxe na táboa, sexto, con 12 vitorias, un chanzo arriba do ferrolán.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade