Cargando resultados...
Un Ensino ambicioso xogará os cuartos de final da Copa ante o Valencia Básket
O encontro será en Tarragona o xoves día 26 ás 20:30 horas
Foto Ensino
G24.gal
24/03/2026 12:43
Última actualización 24/03/2026 12:53
Comeza en Tarragona a Copa da Raíña na que o Ensino vai xogar nos cuartos de final ante o Valencia Básket en busca dunha praza para as semifinais. É un evento no que as lucenses chegan con toda a ilusión e ambición para cruzarse ante clubs españois realmente poderosos, mesmo no panorama europeo. O encontro será o xoves día 26 ás 20.30 horas
O conxunto que adestra Suso Garrido vai volver anos despois a xogar unha Copa da Raíña, co que cumpriu xa un dos obxectivos da tempada e espéralle un equipo candidato a todo, pero que foi eliminado na Euroliga e que gañou no partido ligueiro disputado no Pazo.
A delegación lucense tamén incluirá ao equipo feminino infantil da liga Galega, que xogará na Minicopa de Tarragona, unha competición que se xoga paralelamente á sénior e na que participan os equipos infantís dos oito equipos finalistas do torneo.