Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca vence na casa do Levante, cabeiro da táboa (1-2)

O Deportivo Abanca vence na casa do Levante, cabeiro da táboa (1-2)

O equipo coruñés transita tranquilo pola zona morna da táboa con 23 puntos

Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal 21/02/2026 14:48

Chegou a sexta vitoria do Deportivo Abanca. Este mediodía impúxose por 1-2 ó último clasificado, o Levante.

O partido púxose de costas para as galegas ós dous minutos, o que tardou en marcar o equipo valenciano. Rai Carrasco adiantaba ás locais. 

Antes do descanso conseguía igualar o choque Espe Pizarro. Poñía así o empate no minuto 40. É o seu quinto gol esta temporada.

E xa no segundo tempo, no minuto 57, Marisa facía o gol da vitoria. Marisa xa lles marcara no partido da primeira volta. 

Aínda deu tempo para que o Var anulase un gol ó Levante no minuto 88. O Deportivo Abanca suma 23 puntos asentado na zona media da táboa.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade