Publicador de contidos

Publicador de contidos

Boa xornada galega, con vitorias do Ensino e o Baxi Ferrol

Boa xornada galega, con vitorias do Ensino e o Baxi Ferrol

As luguesas mallaron no Gran Canaria (102-66) e suman xa 13 vitorias na Liga

O Baxi Ferrol acadou unha traballada vitoria esta mañá na pista do Joventut (77-80)

Foto: @EnsinoLugoCB
G24.gal 28/02/2026 22:42

O Ensino acadou a décimo terceira vitoria da temporada e consolida o posto de play off polo título.

As galegas mallaron no Gran Canaria, pechacancelas, por 102-66, a mellor marca anotadora en décadas. As visitantes nunca tiveron opcións. No primeiro cuarto o marcador era de 23-10 e no descanso reflectía xa un 50-27. As de Suso Garrido non baixaron o ritmo e pasaron dos 100 puntos.

Xogaron e anotaron todas as convocadas. Haidara, con 26, foi a máxima anotadora e a mellor xogadora do partido.

Foto: @Penya1930 Foto: @Penya1930

Pola súa banda, o Baxi Ferrol acadou a décimo segunda vitoria ante o Joventut por 77-80. O primeiro cuarto foi decisivo. A forza coa que saiu o equipo ferrolán permitiulle acabar dez arriba, 11-21, e esa renda foi clave para facerse coa vitoria final.

Porque o Joventut gañou os outros tres cuartos, e chegou a igualar o marcador. Pero as ferrolás resistiron nos momentos chave. Daniels con 22 puntos e Joiner con 19 foron as máximas anotadoras do Baxi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade