Publicador de contidos

Publicador de contidos

O debate da zona azul: cal é o mellor sistema de aparcamento?

O debate da zona azul: cal é o mellor sistema de aparcamento?

A Coruña, Ourense, Santiago e Vigo teñen áreas de estacionamento de pago para promover a rotación

Ferrol e Lugo suspenderon o modelo e en Pontevedra hai prazas de balde cun límite de quince minutos

G24.gal 05/08/2025 14:43

Azul ou non azul? Esa é a cuestión. O sistema de pagamento por aparcar nas rúas e prazas das cidades chegou a Galicia hai máis de trinta anos pero aínda hoxe hai opinións diferentes sobre os seus resultados. Mentres a zona azul, ORA ou XER segundo o concello, funciona en Vigo ou na Coruña, hai lugares, como Pontevedra, onde apostan por outras medidas. Na capital do Lérez, é posible aparcar no centro sen pagar, hai moitas prazas dispoñibles, pero cunha condición: o límite para estacionar son quince minutos.

"Se tes que facer algunha cousiña rápida, permíteche aparcar un momento", di un condutor satisfeito co sistema. "Sempre atopas aparcadoiro, pero o malo é que é un pouco curto o tempo", apunta un motorista que estaciona nestas prazas de servizos. "Quince minutos non é nada", cuestiona outra condutora.

Lugo tampouco ten zona azul, pero si que hai liñas pintadas no asfalto. O Concello suspendeu o sistema hai dez anos, despois dunha sentenza que anulaba a concesión. Aparcar é gratis pero, a cambio, pode ser difícil atopar unha praza libre.

"Así está ben, pero a limitación é que hai xente que deixa o coche todo o día", comenta un veciño. "Se fose de pagamento, teriamos máis opcións para aparcar porque os coches quedan ata tres ou catro días", expón outra luguesa.

Ferrol tamén suspendeu o modelo, pero agora o Goberno local estuda reactivalo.  En Vigo, funciona dende hai 35 anos cun máximo de dúas horas.

"A desvantaxe é a obriga da rotación cando necesitas demasiado tempo porque tes que ir mover o coche para volver aparcar outra vez", valora un condutor que acaba de sacar o recibo no parquímetro.

A Coruña é un exemplo de confianza na zona azul. Hai máis de catro mil prazas e o Concello avalía estender o pagamento a máis barrios da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade