Cargando resultados...
Ander Vidorreta é a undécima incorporación do Pontevedra
O centrocampista soriano chega ao Pontevedra procedente do Real Unión de Irún

G24.gal
11/08/2025 10:10
Última actualización 11/08/2025 11:47
Este domingo, o club granate anunciou a súa undécima incorporación para o cadro que dirixe Rubén Domínguez. Trátase do mediocentro ofensivo Ander Vidorreta, futbolista soriano que deu os seus primeiros pasos no fútbol profesional co Numancia.
Vidorreta conta con varias campañas na Primeira Federación, destacando a súa etapa no Real Unión de Irún, onde nas últimas tempadas consolidouse como un dos homes fortes na medular. Co conxunto de Irún disputou 34 partidos, 30 deles como titular, e compartiu vestiario co tamén nova fichaxe do club pontevedrés, Víctor Eimil.