Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Spórting de Portugal, novo pretendente para o canario Yeremay

O Spórting de Portugal, novo pretendente para o canario Yeremay

O equipo portugués, que xa amosara interese o pasado mes de xaneiro, volve preguntar pola situación da estrela deportivista

G24.gal 11/08/2025 10:32

Semella que non haberá tranquilidade no Deportivo ata o final do mercado de verán. As actuacións de Yeremay Hernández seguen a espertar o interese de grandes equipos do fútbol europeo. No mes de xuño o canario rexeitou unha oferta moi importante do Como italiano, equipo da Serie A dirixido polo español Cesc Fábregas. 

Agora é o Spórting de Portugal o que volve á carga polo mediapunta do Deportivo. Dicimos volve porque xa no pasado mes de xaneiro se interesara pola súa situación. O Spórting xogará Liga de Campións, foi o último campión da liga portuguesa e precisa reforzos. Quedou sen a súa grande estrela, Gyokeres, polo que o Arsenal pagou preto dos setenta millóns de euros. 

Para substituílo acaba de mercar a Luis Suárez, do Almería, por unha cantidade superior aos vinte millóns de euros e neste marcado investiu máis de corenta millóns. Pero segue á procura de completar o cadro de xogadores e entende que Yeremay é un valor seguro. Contrastado está o seu desexo de permanecer no Deportivo pero as ofertas continúan chegando e cada vez son de equipos de maior entidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos