Morante de la Puebla recibe a alta hospitalaria logo da cornada de Pontevedra
Recibiu a alta logo de estar varias horas en observación
Tiña unha ferida de 10 centímetros no interior da coxa
O toureiro Morante de la Puebla recibiu a alta hospitalaria logo da cornada que sufriu este domingo na Feira da Peregrina, en Pontevedra.
Ao ser corneado polo primeiro touro da tarde, o destro foi intervido das lesións na enfermería da propia praza de toros e despois trasladárono ao hospital Quirón de Pontevedra.
O toureiro estivo unhas horas en observación, para despois recibir a alta hospitalaria, segundo fontes do centro sanitario.
O parte médico recolle que sufriu unha ferida no interior da coxa, feita por unha hasta de touro, que afectou tecido subcutáneo, fascia muscular e unha parte do abdutor maior.
Esta ferida tiña unha traxectoria descendente de 10 centímetros e outra ascendente de 6 centímetros. No parte médico, as lesións figuraban cun prognóstico grave
O destro enfrontábase a un touro de Garcigrande cando o animal o colleu pola coxa tirándoo ao chan. Ao levantarse foi levado á enfermería.
De la Puebla del Río non puido continuar coa lida como consecuencia das lesións. O toureiro tiña compromisos para outras oito corridas noutras cidades españolas en agosto.
Alejandro Talavante foi o encargado de acabar touro que sorprendeu a Morante.