Publicador de contidos

Publicador de contidos

"O Touro de Osborne" cumpre 70 anos e segue vixiando as estradas nun alto de Trasmiras

"O Touro de Osborne" cumpre 70 anos e segue vixiando as estradas nun alto de Trasmiras

En Galicia quedan 5 e 92 exemplares seguen integrados nas paisaxes das estradas españolas

Os veciños e as veciñas falan de cando en maio de 2022 o touro negro de Trasmiras apareceu pintado de azul

Tamén en moitos outros lugares ten aparecido vandalizado ou con actos reivnidicativos

O quie comezou como un reclamo publicitario é agora toda unha icona cultural e do deseño na España

O toutro de Trasmiras tamén fora vandalizado e pintado de azul.
G24.gal 09/05/2026 14:58

O Touro de Osborne cumpre 70 anos. O que naceu naceu da man do artista andaluz Manolo Prieto para promocionar o brandy Veterano segue dominando as estradas españolas. E a súa silueta negra converteuse en todo un símbolo cultural de España e do deseño. En Galicia un dos touros máis coñecidos e visible está no concello ourensán de Trasmiras ao pé da A-52 en dirección a Madrid.

Desde o montículo de Zós, no concello ourensán de Trasmiras, o touro bravo e negro de Osborne segue vixiando a autovía A-52 e a Nacional-525. Unha silueta que  fai 70 anos e xa forma parte da historia visual de varias xeracións. 

En Galicia quedan 5 e 92 exemplares seguen integrados nas paisaxes das estradas españolas. O que comezou sendo un reclamo publicitario do coñecido brandy é hoxe toda icona cultural. 

Neste tempo non faltan as anécdotas. Os veciños e as veciñas falan de cando en maio de 22 o touro negro de Trasmiras apareceu pintado de azul. 

Tamén lle faltaron os cornos e o de Becerreá, en Lugo aparecera de cor rosa, e en moitos outro lugares a súa silueta de 14 metros aparaceu vandalizada ou con accións reinvidicativas. E mesmo un touro de Osborne loce xa no Xapón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade