Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cróquet, un aliado contra a esclerose múltiple

O cróquet, un aliado contra a esclerose múltiple

Un deporte de baixa intensidade que favorece o equilibrio, a forza e a concentración

O aeroclub de Santiago organiza a actividade cos membros da ACEM

G24.gal 14/12/2021 15:08

Neste campo líbranse dúas batallas, a de ser o primeiro en pasar as bólas polo arcos e a de loitar contra os efectos físicos e neuronais da esclerose múltiple. Fernando Ramos, delegado de Cróquet do Aeroclub de Santiago, explica que se trata dun deporte ideal "pola súa intensidade suave e porque estimula a coordinación é o cerebro, que é o que precisamos os que temos a enfermidade".

O peso lixeiro do mazo ou o movemento pendular do 'swing' failles traballar o equlibrio, a forza e a concentración que lles vai quitando a enfermidade. Pero sobre todo levántalles o ánimo e iso, segundo din, é o que máis engancha.

"O contorno é espectacular, tes que traballar o equilibrio a puntería, a paciencia, a estratexia para desprazar a bola do contrario, é moi divertido", di Tomás Díaz, membro da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple. 

Un convenio de colaboración entre a Asociación de Esclerose de Compostela e o Aeroclub de Santiago fai posible esta iniciativa nun dos sete campos de cróquet que temos en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade