Publicador de contidos

Publicador de contidos

O concurso de decoración de Nadal no CHUO, unha tradición entre os traballadores

O concurso de decoración de Nadal no CHUO, unha tradición entre os traballadores

G24.gal 23/12/2022 21:13

Camiñar polos corredores do CHUO é estes días toda unha experiencia para os pacientes e o persoal sanitario. Non hai andar en que a decoración de Nadal non deixe a súa pegada.

"Este ano decidimos facer un pouco un Vigo na Terceira norte porque fixemos unha noria, unha estrela que é a novidade deste ano de Vigo e despois así como unha feira, non?", conta Aitor Bispo, TCAE de Traumatoloxía vascular no CHUO.

O servizo de traumatoloxía conseguiu un dos premios neste concurso de decoración que non deixa de sorprender sobre todo os pacientes.

Pouco teñen que envexar noutras plantas do hospital, en reanimación utilizaron fotos de cando eran cativos para poñerlles cara aos anxos; e tampouco falta o lado pop de Santa Claus.

"Os familiares que están acostumados a vir pasaron de ver a unidade un pouco insulsa o principio, hospitalaria, branca... a vela un pouco máis decoradiña e sorpréndelles. Acadamos o segundo premio, temos unha rivalidade marcada con outros servizos, algún día acadaremos o primeiro", di Alfredo Pazos, enfermeiro da unidade de Reanimación do CHUO.

O que acaparou o galardón e moitas miradas este ano atopámolo en urxencias. Todos, iso si, seguen as mesmas normas.

"Todo reciclado, podes velo aí: os botes de Solís, os de marmelada que van sobrando, e o que piden no concurso: ilusión e materiais reciclados", explica María José Rodríguez, enfermeira do servizo de Urxencias no CHUO.

Iso, sobre todo moita ilusión para que as festas no hospital pesen un pouquiño menos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade