Publicador de contidos

Publicador de contidos

O concello do Carballiño alerta dunha posible fraude a negocios da vila

O concello do Carballiño alerta dunha posible fraude a negocios da vila

Varios comerciantes e hostaleiros recibiron chamadas dun home facéndose pasar por funcionario do Concello para supostamente renovar as licenzas de ocupación

G24.gal 13/03/2025 14:08

Ollo a unha posible nova fraude. O Concello do Carballiño alerta de que están facendo chamadas a comercios da vila suplantando a súa identidade. Foron varios os negocios da vila os que recibiron unha sospeitosa chamada, un home dando nome e apelidos, faise pasar por un funcionario da vila para renovar as licenzas de actividade. Dende o Concello din que estas licenzas non se renovan, a non ser cancelacións ou cambios de titularidade.

Foi un hostaleiro do centro do Carballiño o que recibiu unha das sospeitosas chamadas. Un home, dando nome e apelidos, dicía ser o funcionario do Concello que se estaba a encargar de renovar as licenzas de actividade. Axiña mandou unha mensaxe a un concelleiro para informar do intento de fraude, igual que fixeron outros comerciantes que recibiron unha chamada semellante. Dende o Concello alertan que alguén está suplantando a súa identidade. Axiña rulou o comunicado do Concello alertando da posible fraude entre os comerciantes da vila.

O presunto estafador pretendía que as vítimas introduciran no seu móbil unha claves. Que se saiba, ninguén picou. E é que non é a primeira vez que intentan un calote parecido no Carballiño. Recomendan en casos coma estes, sempre desconfiar, non acceder a enlaces descoñecidos e nunca dar por teléfono datos persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade