Un veciño de Sanxenxo perde 20.000 euros por mor dun calote telefónico
As ciberestafas son xa o 27 % dos delitos que investiga a Garda Civil
Aumenta o smishing, que son os enganos a través da mensaxería telefónica
Un veciño de Sanxenxo de máis de setenta anos foi a última vítima dun calote bancario cada vez máis frecuente. Trátase do chamado smishing, polo que os delincuentes envían unha sms ao telefono móbil alertando sobre falsas incidencias bancarias, paquetes non recibidos ou premios obtidos.
Verónica Argibay, do Equipo de Investigación tecnolóxica Garda Civil da Comandancia de Pontevedra, alerta sobre este tipo de delitos, e advirte de que a fenda dixital fai que sexan os maiores os que mais sufran os ciberdelitos. Na rúa, a xente esta concienciada e, malia a multitude de mensaxes recibidas, intentan no caer en este tipo de ciberestafas eliminando as mensaxes sospeitosas.
Neste caso o home recibiu unha suposta mensaxe do seu banco en que lle alertaban dunha compra non autorizada por un elevado importe. Déronlle un número de telefono para solucionalo, o home chamou, e coa escusa de verificar a súa identidade pedíronlle os seus datos personais, números das tarxetas e información das súas contas. Logo instárono a entrar na aplicación do banco e así roubáronlle 20.000 euros.
Ninguén está a salvo de caer nas redes dos ciberdelicuentes. Por iso Verónica Argibay insiste na necesidade de non contestar as mensaxes sospeitosas nin chamar aos números que indican os ciberdelincuentes, que se fan pasar por axentes de entidades bancarias. Insiste en que, ante a dúbida, se acuda a entidade bancaria.
Estas ciberestafas estanse a multiplicar nos últimos tempos, especialmente entre a poboación de máis idade, aínda que ninguén está libre de perigo. De feito os ciberdelitos son xa o 27 % do total dos casos que investiga a Garda Civil.