Publicador de contidos

Publicador de contidos

O calote do fillo en apuros sofistícase con voces creadas por IA e envíos de Bizum

O calote do fillo en apuros sofistícase con voces creadas por IA e envíos de Bizum

Unha persoa de Vigo acaba de ingresar 49.000 euros nas contas dos delincuentes que se fixeron pasar por un fillo seu

A unha veciña de Santiago imitáronlle a voz dun fillo para pedirlle cartos

G24.gal 14/01/2026 14:23

Chámanlle o calote do fillo en apuros e os delincuentes xa están usando voces xeradas con intelixencia artificial para abusar da boa vontade das vítimas. A pesar dos avisos da policía e mesmo das redadas que desartellaron varias bandas, o engano segue funcionando. A unha muller de Vigo acaban de estafarlle 46.000 euros.

"Fanse pasar por un fillo ou filla e dinlle: "Papá, rompeume o móbil", e pídenlle que urxentemente lle fagan unha transferencia bancaria", relata Estela Otero, voceira da Policía Nacional da comisaría Vigo-Redondela

Así si foi como unha persoa de Vigo realizou varias transferencias e perdeu case 50.000 euros. Agora, as mensaxes xa non sempre son de texto. As IA imitan ben voces, como a do fillo dunha veciña de Santiago.

A esta muller de Santiago imitáronlle a voz dun fillo con intelixencia artificial. Ao final, conseguiu recuperar os 2.400 euros do calote.

Non caen só as persoas maiores. Unha moza de Santiago atendeu recentemente "o apuro" dunha amiga que lle reclamaba un bizum de 60 euros para coller un taxi porque supostamente perdera o móbil e a carteira. Era un calote, pero como moitos de cantidades pequenas, quedou sen denunciar.

"Temos que contactar co teléfono habitual que usa ese familiar e así xa podemos decatarnos de que estamos sendo vítimas dunha estafa", explica a axente Otero.

Non é o habitual recuperar os cartos, ao facer a transferencia o propio interesado ás veces os bancos considérano neglixencia. A policía lembra: desconfíen das urxencias, e se teñen dúbidas, chamen ao 091.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade