Publicador de contidos

Publicador de contidos

O concello de Xermade prohibe encher piscinas, lavar os coches e regar

O concello de Xermade prohibe encher piscinas, lavar os coches e regar

Súmase a outros municipios da provincia de Lugo que xa restrinxiron o uso da auga, como Guntín, Pantón ou Taboada

G24.gal 19/08/2022 18:58

O Concello de Xermade, en Lugo, emitiu un bando onde prohibe encher piscinas, regar e lavar os coches para aforrar auga.

O alcalde xustifica as restricións polo escaso caudal que presentan os mananciais do municipio.  Roberto García Pernas di que de momento Xermade non está en risco extremo, pero que, se se prolonga esta situación, pode haber problemas de desabastecemento de auga.

Os veciños entenden as medidas e amosan a súa preocupación pola falta de chuvia. Din que nun concello eminentemente rural como é Xermade a escaseza de auga é un problema grande para moitas explotacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade