Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cisne festexa o seu primeiro triunfo no regreso á Asobal

O Cisne festexa o seu primeiro triunfo no regreso á Asobal

Derrotou por 31-28 o Benidorm, cunha grande actuación de Álex Chan (11 goles)

G24.gal 11/09/2022 08:50

O Cisne festexou diante dos seus seareiros o primeiro triunfo da temporada no regreso á Asobal. Era un partido marcado en vermello o do Benidorm e non puido rematar de mellor xeito (31-28). Actuación estelar de Álex Chan. O internacional polos Estados Unidos anotou 11 goles.

Comezou o Benidorm dominando o partido cunha máxima vantaxe de tres goles no primeiro tempo. Tocou sufrir pero o equipo pontevedrés igualou (15-15) nos últimos intres dese período inicial. 

Volvía a torcerse o partido cun 16-19 logo do descanso pero aí chegou o momento decisivo. Parcial de 8-1 para que o Cisne collese a primeira vantaxe importante (24-20), unha marxe que xa non soltaría ata o final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos