Cargando resultados...
O Balonmán Cangas perde na pista do Ademar León (25-19) na volta da Asobal
Os galegos volvían á competición despois de 50 días de parada
G24.gal
07/02/2026 21:08
Logo de 50 días sen competición, regresou a liga Asobal. E volveu cun amargo sabor para o Frigoríficos do Morrazo, que caeu na pista do Ademar León.
Foi un partido de dúas caras para os de Quique Domínguez. Dominaron durante 40 minutos, incluso con claridade. Ao pouco de comezar o segundo tempo, chegaron a ter cinco goles de vantaxe.
Pero os útimos 20 minutos foron para esquecer. Nese tempo os cangueses só anotaron 3 goles por 12 do Ademar, no que fixeron estragos os irmáns Rodrígo e Gonzalo Pérez, con 14 goles entre os dous. Dun 13-16 para os galegos pasouse ao 25-19 final. O noruegués Valderhaug foi o máximo goleador do Frigoríficos con seis tantos.