Cargando resultados...
O Cangas queda ao bordo da remonta diante do Torrelavega no Gatañal (28-30)
G24.gal
14/03/2026 20:02
Na Asobal, o Balonmán Cangas perdeu na casa ante un potente Torrelavega nun partido no que soñou coa remontada.
Saíu con forza o equipo cangués no Gatañal pero o rival marcou as diferenzas nos últimos minutos do primeiro tempo. Chegou ó descanso sete arriba aproveitando a ineficacia ofensiva do equipo galego antes do descanso.
A diferenza aumentou a oito goles a vinte minutos do final pero a partir de aí o equipo de Quique Domínguez presionou e logrou poñerse a dous goles. Pero non logrou igualar. 28-30 ó final.