Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño vence ao Morvedre (29-20) e mete un pé no play off polo título

O Porriño vence ao Morvedre (29-20) e mete un pé no play off polo título

A falta de tres xornadas o cadro galego avantaxa en seis puntos ao Granollers (9º), co que se ten que enfrontar

Foto: @BmPorrino
G24.gal 22/03/2026 14:37

O Conservas Orbe Zendal Porriño non tivo problemas para derrotar ao Morvedre de Sagunto por un claro 29 a 20, metendo un pé nas eliminatorias polo título.

O equipo galego dominou claramente desde o inicio ante un rival que loita pola permanencia. No descanso as porriñesas xa vencían por 13 a 7, vantaxe que aumentaría nunha segunda metade na que continuou a superioridade local. Viktoria Zsembery e Bruna Dias, con cinco goles, foron as máximas anotadoras do partido.

O Porriño avantaxa agora ao Granollers, que é o noveno, en seis puntos cando quedan tres xornadas por xogarse. Será chave o partido entre os dous conxuntos na penúltima xornada, pero o Porriño ten moita vantaxe para acadar o billete, xa que gañou en Granollers na primeira volta por 21 a 27.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade