Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta desperdicia tres goles de vantaxe e cae diante do Alavés en Balaídos (3-4)

O Celta desperdicia tres goles de vantaxe e cae diante do Alavés en Balaídos (3-4)

Unha gran primeira metade de Jutglá, que asinou un dobrete, deixaba o partido encarreirado

O Alavés anotou antes do descanso, e na continuación culminou a remonta

O Celta segue con 41 puntos

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 22/03/2026 15:19

Minuto a minuto

Ás 16:15h comeza o partido de Balaídos. Celta-Alavés

Este é o XI inicial do equipo vigués para o encontro

E este é o XI inicial do Alavés

1'

Comeza o partido en Balaídos. Celta 0-0 Alavés

5'

Intenta dominar o Celta nestes primeiros minutos, pero o primeiro disparo é do Alavés. Márchalle desviado a Ibáñez

15'

Primeira ocasión do Celta. Boa combinación entre Borja Iglesias e El Abdellaoui, co pase interior deste, e o remate de Borja desviado a córner

19'

GOOOOOOOL do CEEEEEEELTAAAA!!!!!Xogada polo centro, pasa Javi Rodríguez cara dentro da área, e control e remate de Jutglá que se converte no primeiro do partido. Celta 1-0 Alavés

26'

GOOOOOOOOOL do CEEEEEEELTAAAAA, que fai o segundo!!!!!Gran combinación de ataque que deixa a Hugo ÁLvarez no man a man, para que defina diante de Sivera polo pau longo!!!Celta 2-0 Alavés

37'

GOOOOOOOOOOLAAAAAAZOOOOOO do CEEEELTAAAA!!!Conducción espectacular de Jutglá, que senta a Pacheco e remata raso cruzado para asinar o dobreteeee!!!!Celta 3-0 Alavés

45+2'

GOL do ALavés. Recorta diferenzas Toni Martínez na última xogada empuxando unha gran asistencia de Ángel desde a dereita

Descanso en Balaídos. Celta 3-1 Alavés. Primeira parte espectacular dos vigueses, con tres golazos: Un dobrete de Jutglà e outro gran gol de Hugo Álvarez

46'

Comeza a segunda metade cun cuádruplo troco no Alavés, e Quique Sánchez intentando darlle a volta ao partido

48'

Ollo, que comeza o Alavés atacando, exa tivo un par de ocasións de perigo, tivo que sacar o balón Radu co pé a Diabaté e, xusto a seguir, diante da internada de Guridi

50'

GOL do Alávés. Erro na saída do Celta, dúrmese Carlos Domínguez, rouba Toni Martínez e marca Ángel Pérez. Celta 3-2 Alavés

52'

E volve ter Guridi outra clarísima, coa que puido empatar o partido. O seu remate marcha fóra

56'

Javi Rodríguez recupera e marca para o Celta, pero o árbitro Miguel Sesma anula o tanto por falta. Segue o 3-2

63'

Outra ocasión do Celta, cun centro pechado de Carreira, e Jutglà non chega por pouco ao remate

66'

Colle o balón Fer López na frontal e remata colocado, pero detén seguro Sivera

70'

Ocasión agora para Diabaté, que remata con forza pero excesivamente cruzado

73'

GOL do Alavés. Empata o partido Toni Martínez cun disparo raso desde a frontal. Celta 3-3 Alavés

77'

GOL do Alavés. Rebrach cunha gran xogada persoal culmina a remonta do Alavés. Celta 3-4 Alavés

82'

Gran ocasión do Celta. Remata Fer López, e o balón sae lambendo o pau

90+6'

A ocasión de Iago Aspas. O remate abaixo do moañés sae rexeitado pola defensa

90+6'

E agora un paradón tremendo de Sivera logo dunha cabezada a boca de xerro de Carlos Domínguez

90+8'

O centro de Iago Aspas non é quen de cabecealo entre os paus Pablo Durán

90+9'

Final do partido en Balaídos. O Celta perdeu un encontro que foi gañando por 3-0 na primeira parte diante do Alavés. Boa reacción dos vitorianos na segunda metade, e os puntos que fuxen para Vitoria. Celta 3-4 Alavés

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos