Cargando resultados...
Radu viaxa con Romanía tras confirmarse unha contusión sen lesión muscular
O porteiro celeste notou molestias durante o partido ante o Alavés e rematou o encontro con asistencia médica
Foto Celta
G24.gal
24/03/2026 11:46
Última actualización 24/03/2026 11:50
Tras a ecografía realizada, os servizos médicos do Celta determinaron que Andrei Radu presenta unha contusión no xemelgo, sen evidencia de lesión muscular.
O porteiro celeste notou molestias durante o partido ante o Deportivo Alavés e rematou o encontro con asistencia médica, pero as exploracións posteriores descartaron calquera dano estrutural. En consecuencia, o xogador viaxará coa selección nacional de Romanía.